Entrevista para Segredos de Pantón

La semana pasada nuestro compañero de fatigas, Eugenio Linares, hizo una entrevista para los amigos de Segredos de Pantón contando la forma en como crea esas espectaculares esculturas en madera.

Hoy la transcribimos en nuestra página web y te animamos a que los sigas en su página de Facebook.

segredos de panton_eugenio linares y arbogal

 

#FalandosobrePantón
Hoxe conversamos con Eugenio Linares, escultor con motoserra que traballa con Arbogal.

-Segredos de Pantón: Para comezar ca entrevista queríamos saber, como comezou no mundo da escultura en madeira con motoserra?
-Eugenio Linares: Comecei fará uns 7 anos de xeito accidental. Estaba na casa cortando madeira e probei a facer unha cabeza de cocodrilo e rematei facendo o cocodrilo enteiro, pareceume moi sinxelo e rápido de facer. Logo seguín a elaborar máis esculturas, comeceinas coleccionando en casa e aos pouco as fun vendendo a coñecidos e amigos.

-SdP: Para que coñezamos máis este mundo, unha serie de preguntas rápidas:

– Que madeira soe empregar?
-EL: Pódense empregar moitos tipos de madeiras cada unha coas súas ventaxas. As máis duras permiten máis detalles pero son máis complicadas de traballar. As brandas ao revés máis sinxelas á hora de traballar pero non se poden facer tantos detalles. A miña favorita é a de cedro, que é unha combinación perfecta.

-Precisa dunha motoserra especial?
-EL: Non. Cunha motoserra da que todos temos en casa podo facer o 99% da escultura. Aínda que grazas a miña colabración con Arbogal podo acceder a tódalas ferramentas de Husqvarna, non acostumo a traballar con elas excepto en exhibicións, xa que prefiro desenvolver un estilo de escultura que non me faga depender das ferramentas.

-Como consegue tanto detalle?
EL: Sorprenderíadesvos o detalle que podo conseguir cas puntas da espada da motoserra, ata eu cando comecei quedei sorprendido. Logo para detalles máis pequenos, emprego un cúter de papelería.

-Trala talla bótalle algún producto á madeira?
EL: Depende do encargo en si, xa que se é para exterior o precisará pero se é de interior non. Pero ao meu gusto prefiro que non leven ningún produto a maiores.

-Pódese vivir desta práctica?
-EL: Si, pódese vivir disto. Sempre que sexas capaz da dar co nicho de mercado que cho permita. Pero sobre todo é importante ser versátil en canto ao produto que poidas ofrecer e que poidas ofrecer presupostos variados tamén, ca mesma calidade pero de menor prezo. Ao final a versatilidade é o segredo.

-SdP: Cales foron os seus primeiros encargos e como os conseguiu?
-EL: Os primeiros traballos eran cousas que apetecíanme facer e fíxennas.
Ademáis tiña a sorte de vivir no faro de Estaca de Bares, e as fins de semana facía as esculturas e as deixaba fóra no xardín. E cando volvía á semana seguinte, o meu pai dicíame que un turista mercara unha ou outra obra, foi así pouco a pouco que comecei.

-SdP: Agora vostede realiza os seus encargos por medio da empresa de arboricultura “Arbogal” a cal consíguelle os traballos, Como foi posible este feito?
-EL: Con Arbogal comecei dende o primeiro día. O dono da empresa é moi amigo meu, e ademáis é embaixador da marca Husqvarna e cando fixen a escultura do cocodrilo e estaba a buscar xente para facer exhibicións, ao ver a miña obra gustoulle e xa fun contratado por eles. Tiven a inmensa sorte de poder estar respaldado pola marca máis potente do mercado como é Husqvarna e o respaldo dunha empresa como é Arbogal, de traballos de xardinaría, podas e trepas.

-SdP: Que tipo de encargos de esculturas son os máis frecuentes? E cales son cos que máis desfruta?
-EL: Os encargos máis frecuentes son temáticas de natureza, animais sobre todo, para os xardíns. Aínda que na maioría das veces conxenio a natureza co mobiliario. Xa que todo o mundo ao mellor non quere ter unha escultura pero si un banco, así que é moi freceunte que faga un banco cunha aguia por un lado. Ao final son obras únicas e orixinais, seguindo as peticións expresas do cliente.
E co que máis desfruto é ao facer animais que si que algo que encántame.

-SdP: Ten vostede algún elemento característico do noso concello co que gustaríalle realizar un obra? E porque?
-EL: Sobre todo desfruto o trato ca xente, poder amosar o que fago onde vivo, mesmo conversar mentres estou a facer unha obra.
Uns dos produtos que máis fago son as denominadas demostracións en directo, xa que entre 1-2 días podo levar a acabo unha obra, e é algo moi visual polo tema das motoserras. Chámanme de media España, tendo traballos en Jaén, Cantabria, Catalunya, Euskadi, León… Contactan comigo de toda España pero sen embargo de aquí onde vivo é máis complicado, entón estar nunha feira facendo unha exhibición si que me gustaría para amosalo á xente e sobre todo aos meus veciños.

Moitísimas grazas a Eugenio por poder conversar con el e facer esta entrevista tan amena e diferente.

Muchísimas gracias a Segredos de Pantón por esta entrevista que nos anima a seguir apostando por un servicio con el que le damos una nueva vida a la madera sobrante de algunos de nuestros trabajos.

eugenio linares y arbogal con segredos de panton

¿Quieres una escultura en madera para tu casa? 

Solo tienes que llamarnos o mandarnos un email y en un par de ideas, preparamos algo muy chulo.

Te animamos a que le eches un vistazo a nuestras creaciones o sigas a nuestro compañero Eugenio Linares a través de su Facebook para que veas las maravillas que puede hacer. Y su cabeza no para de inventar…

78 / 100